Seis persoas evacuadas tras colidir dous vehículos en Baiona

FOTO: SUSANA A PORTUGUESA // Estado no que quedaron os vehículos.

Pasadas as 18:15 horas deste venres seis persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia ao resultar feridas nun accidente entre dous vehículos ocorrido na Avenida de Monterreal, en Baiona. Foi a chamada de varias persoas particulares ao 112 Galicia o que permitiu activar un operativo no que colaboraron os profesionais de 061-Urxencias Sanitarias, os membros do GES de Val Miñor, que fixeron uso do material de excarceración para liberar a unha muller do interior dun dos vehículos, e efectivos da Policía Local da localidade. Ademais, foron informados os Bombeiros do Baixo Miño e Vigo e membros da Agrupación de Protección Civil da localidade.

2019-07-27 - WhatsApp Image 2019-07-26 at 23.44.21