Morgadáns celebra as festas da Nosa Señora do Libramento

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra este domingo 28 de xullo as festas na honra da Nosa Señora do Libramento. Ás 9:00 da mañá celebrarase unha Misa na Capela e ás 13:00 horas a Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión de Guláns. Pola noite, a orquestra Xacobeo amenizará a verbena.

Anuncios