A Praia Ladeira acollerá este sábado día 27 de xullo unha nova edición do xa tradicional Torneo de Voley Praia 3×3 organizado pola Concellería de Deportes de Baiona conxuntamente co Club Vigo Voley. Participarán 40 equipos (33 na categoría de adultos e 8 na de sub 14), cun total de 200 deportistas e a previsión dun gran ambiente cun notable número de seguidores ao longo de toda a xornada.
A competición desenvolverase desde as 9:30 horas, dispoñendo de 3 pistas de xogo e utilizando un sistema de xogo por grupos, con enfrontamentos de todos contra todos, clasificándose os tres primeiros de cada grupo aos seguintes cadros competitivos: cadro final, cadro consolación 1 e cadro consolación 2.
A organización entregará a todos os equipos participantes bebida e comida para pasar un día de praia así como os trofeos aos primeiros clasificados de cada grupo. Tamén recibirán unha camiseta.

