Gondomar proxecta “Sherlock Gnomes” no seu ciclo de “Cine na Rúa”

O Concello de Gondomar continúa este venres 26 de xullo o ciclo de “Cine na Rúa”, incluído no programa “Cultura de Verán”. Ás 22:30 horas proxectarase a película “Sherlock Gnomes” no Parque Ponte de Rosas. Os famosos gnomos de xardín Gnomeo e Julieta contratan a un mundialmente coñecido detective: Sherlock Gnomes, para investigar a misteriosa desaparición dalgúns ornamentos do xardín.