Sin categoría

Morgadáns acolle o III Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós

Este xoves 25 de xullo o Circuíto SX Abelleira de Morgadáns acollerá o III Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós, organizado polo Motoclub Máis Gas contando coa colaboración da Concellería de Deportes. Trátase dun evento deportivo, non oficial, non federado, no que se aplicará o regulamento do Campionato de España de SX.

O obxectivo é fomentar, promocionar e divulgar eventos deportivos de supercrós para o desfrute da afección a este duro e espectacular deporte. Isto non sería posible sen a directiva abnegada xunto co esforzo e colaboración desinteresada dos seus membros e achegados e, por suposto, da afección galega que en definitiva é a que lle dá sentido a que o club siga traballando.

A proba, que conta polo momento con preto de 60 pilotos inscritos -as inscricións pecharanse o 24 de xullo ás 20:00 horas- repartidos nas categorías Alevín, Promesas, Hobby, Promoción, Veteranos, Féminas e Elite, comezará ás 9:00 coas verificacións. Ás 11:00 celebraranse os adestramentos libres e clasificatorios e a partir das 16:00 horas disputaranse as carreiras.