Grandes festas na honra da Virxe do Carme en Praia América

Esta fin de semana celébranse en Praia América, Nigrán, as grandes festas na honra da Virxe do Carme, que arrancarán o sábado 27 de xullo cunha verbena amenizada polos grupos Arco Iris de Portugal e Ritmo.

O domingo 28 ás 10:00 da mañá entrada e pasarrúas da Banda de Música Unión Musical de Coruxo. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne no campo de fútbol de Lourido seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Pontevedra e o grupo Noche de Estrellas.

O luns 29 ás 17:00 horas celebraranse as grandes cucañas para os nenos. Ás 22:30 horas comezará a verbena fin de festa coa actuación do grupo Aramio e a orquestra París de Noia. Ás 00:00 horas será a gran tirada de fogos de lucería.

O martes 30 celebrarase o Día do Neno.