A 9ª Festa da Xuventude inicia as festas de Santiago e Santa Ana en Parada

FOTO: PTT FOTOGRAFÍA // DJ Kokito.

A parroquia nigranesa de Parada celebra os días 24, 25, 26 e 27 de xullo as súas festas patronais na honra de Santiago e Santa Ana.

O mércores 24 ás 23:59 celebrarase a 9ª Festa da Xuventude no recinto novo de festas, con Space Music Discoteca Móbil con Dj Kokito e Edi FM, gogo’s, animación e servizo de bar a prezos populares.

O xoves 25 ás 10:00 da mañá fará a súa entrada a Banda de Música Unión de Guláns. Ás 12:00 celebrarase a Misa Solemne na honra de Santiago Apóstolo, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá ademais un concerto ao finalizar. Pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Oca Band e Ritmo Joven.

O venres 26 ás 10:00 da mañá fará a súa entrada a Banda de Música Municipal de Redondela. Ás 12:00 celebrarase a Misa Solemne na honra de Santa Ana, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto ás 19:00 horas. Ás 18:00 horas realizarase a tradicional fogaza e pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Alianza e o grupo América SL.

O sábado 27 os encargados de amenizar a verbena serán as orquestras Passarela e Trovadores. O domingo 28 a partir das 17:00 horas terán lugar as tradicionais cucañas.