Teatro do Ar presenta a obra “Distintas Compañías” no escenario da Foz

O Concello de Nigrán ofrece este mércores ás 21:00 horas no escenario ao aire libre da Foz (A Ramallosa) a obra de teatro “Distintas Compañías”, do grupo local Teatro do Ar. Trátase dunha peza escrita por Pedro Rodríguez Villar, actor tamén nesta compañía de teatro afeccionado. A representación anticípase ao “Rilla na Rúa” que terá lugar nesta contorna dende o xoves e ao Nigranjazz neste mesmo escenario o venres e sábado.

Anuncios