A D.O. Ribeiro inaugura o mes de agosto cunha festa musical no Pazo de Cea

Ribeiro Son de Viño, o festival que naceu para unir viños da denominación de orixe Ribeiro coa mellor música, segue avanzando na súa conquista de novos consumidores e inaugura unha nova data no emblemático Pazo de Cea, en Nigrán, un dos espazos favoritos para as mellores festas do verán en Galicia.

O 28 de xullo, a denominación de orixe Ribeiro dará a benvida ao mes de agosto cunha festa moi especial que contará con concertos en directo protagonizados polos grupos Broken Peach, Nadie es Perfecto, Blue Monk, Bafana Bafana e El Síndrome de Penny Lane.

O Pazo de Cea vestirase de festa de verán con foodtrucks, Djs, e catas de viño a cargo das adegas protagonistas: Bodega Alanís, Catro Parroquias, Cuñas Davia, Bodega Deseu, Divino Rei, Eduardo Bravo, Pazo Casanova, Priorato de Razamonde, Ramón do Casar, Terra do Castelo, Adega Viña Carpazal e Viña Costeira.

A denominación de orixe máis antiga de Galicia demostra, unha vez máis, ser tamén a máis moderna e ambiciosa á hora de chegar a novos consumidores con propostas alternativas e desenfadadas. Cada entrada inclúe unha invitación. As entradas para a festa do verán poden conseguirse a través de Mutick.

2019-07-22 - sdv-pazodecea-programa-02

Anuncios