Mozos da ONCE de Pontevedra visitan Baiona

Un grupo de mozos da ONCE de Pontevedra desprazouse este domingo ata Baiona para coñecer a vila e a súa historia. Visitaron distintos espazos, facendo unha parada especial na Carabela Pinta , xa que os monitores considerárona interesante para traballar as sensacións, ao tratarse dun barco e por tanto un espazo flotante, onde entre outros traballos podían realizar a subida e baixada por escaleiras.

Foi na súa visita ao emblemático museo flotante onde foron recibidos polo Alcalde, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Servizos Sociais e Accesibilidade, Concepción Vara, que compartiron con eles esta experiencia. O rexedor e a edil agradeceron a este colectivo que escollesen a Real Vila como destino e trasladáronlles que seguirán traballando nesta liña para crear espazos máis accesibles, estendendo a invitación a outros colectivos que queiran coñecer a localidade e a súa historia.