Baiona proxecta “Vengadores: Inifinity War” no seu ciclo de “Cine na Rúa”

Baiona ofrece este luns 22 de xullo ás 23:00 horas a película “Vengadores: Infinity War”, dentro do ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2019 organizada pola Concellería de Cultura. O todopoderoso Thanos espertou coa promesa de arrasar con todo ao seu paso, portando o Guantelete do Infinito, que lle confire un poder incalculable. Os únicos capaces de pararlle os pés son os Vengadores e o resto de superheroes da galaxia, que deberán estar dispostos a sacrificalo todo por un ben maior. Capitán América e Iron Man deberán limar as súas diferenzas, Black Panther apoiará coas súas tropas desde Wakanda, Thor e os Gardiáns da Galaxia e mesmo Spider-Man uniranse antes de que os plans de devastación e ruína poñan fin ao universo.

Anuncios