Arranca a Semana Cultural de Parada

Asociación Cultural Breogán Valle Miñor.

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, organiza a IX Semana Cultural, que se celebrará entre os días 20 e 23 de xullo. O sábado 20 actuará Breogán Valle Miñor, o domingo 21 o Grupo de Acordeóns Xuntanza, o luns 22 o grupo de pandereteiras da Asociación de Veciños Monteferro de Panxón e o martes 23 o grupo de danza Studio 88. A programación comezará todos os días ás 21:00 horas.

Anuncios