Usuarios do Centro Juan María visitan a base do “Pesca I”

Os mozos e mozas que participan no campamento de verán organizado polo Centro Juan María de Nigrán visitaron este xoves a base do “Pesca I”, un dos helicópteros de Salvamento Marítimo de Galicia. Ao redor de 25 persoas entre alumnos e monitores coñeceron de primeira man o labor do Servizo de Gardacostas, tendo a oportunidade de coñecer de preto a aeronave e falar coa súa tripulación.

Anuncios