Máis de 30 establecementos ofrecerán este domingo os seus produtos en Portobelo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Feira de Oprtunidades "Portobelo".

Este domingo 21 de xullo a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e o Concello de Nigrán organizan na Alameda da Ramallosa a 9ª Feira de Oportunidades Portobelo. Desde as 11:00 da mañá e ata as 21:00 horas da noite, máis de 30 establecementos da comarca ofrecerán os seus produtos a prezos rebaixados.

Poderase atopar moda para home, muller e neno, complementos, roupa interior e de baño, calzado, produtos de barbería e cosmética, repostería, gominolas, drons, xoias, comida… Todo iso acompañado de música e baile. Ás 12:30 horas haberá un espectáculo de baile a cargo da Escola de Danza Paradela de Gondomar, ás 17:00 horas a actuación da Escola de Baile LDanzia, tamén de Gondomar, ás 18:30 horas unha master class de zumba a cargo de Ana Freire e ás 20:00 horas a actuación do dúo Pros&Ma.