Os nacionalistas do Val Miñor celebran o Día da Patria

Un ano máis, as nacionalistas e os nacionalistas do Val Miñor celebrarán o Día da Patria en irmandade. O vindeiro sábado, 20 de xullo, ás 20:30 horas, reuniranse no Pazo da Escola para compartir un viño e un pincho de confraternidade. Trátase dun acto aberto a toda a veciñanza do Val Miñor que queira pasar una xornada de confraternización galeguista.

Dende o Val Miñor levan anos dando exemplo de traballo conxunto e compartido dende as distintas formas de entender o País, aprendendo a convivir co pluralismo evidente da sociedade actual, así como a valoralo positivamente coma unha vantaxe no canto dunha eiva. É o momento de afondar na unidade para construír a Galiza do futuro e darlle solución aos problemas que lle importan ás galegas e aos galegos.

Anuncios