Décimo sexta sardiñada en Praia América

Como cita previa á celebración das festas do Carme de Praia América, este sábado 20 de xullo, desde as 13:00 horas haberá unha gran sardiñada no campo de fútbol de Lourido. Organizada pola Comisión de Festas da Virxe do Carme, estará amenizada polo trío Pros&Ma.