Concerto de Weli Kings en Baiona

O grupo vigués Weli Kings ofrece este venres 19 de xullo ás 23:00 horas un concerto na Praza do Concello de Baiona, dentro do programa “Baiverán 2019” organizado pola Concellería de Cultura. Weli Kings naceu a partir dun puñado de cancións de Federico Welicki (baixo), que xunto a Veronica Santalices (voz) e Suso Feixón (batería), foron dando forma ata consolidar un son e estilo particular. Adrián Solla (teclado) e Diego Pacheco (guitarra) completan este quinteto que a base de ritmos contaxiosos fíxose cun lugar no panorama musical galego.

Anuncios