VIII Xuntanza Folclórica en Mañufe

FOTO: ASOCIACIÓN CULTURAL SAN VICENTE DE MAÑUFE

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar e a Deputación de Pontevedra, organiza este sábado 20 de xullo a súa VIII Xuntanza Folclórica. Desde as 20:30 horas actuarán no Torreiro de Mañufe o grupo de música tradicional “Os Romanteleiros” (Mañufe), o grupo de baile “Fíbulas” (Mañufe), o grupo de gaitas “Cores do Sobreiro” e as “Pandereteiras do Sobreiro” (Borreiros), o grupo de gaitas e baile do Centro Cultural “A Merced” (Chaín), o grupo “Balcón do Val Miñor” (Morgadáns) e o grupo de música tradicional “Lirolai” (O Rosal). Haberá bocadillos a prezos populares.

Anuncios