Sin categoría

Teatro no Paseo Marítimo de Panxón

O Concello de Nigrán e Inventi Teatro ofrecen este xoves 18 de xullo ás 21:00 horas no Paseo Marítimo de Panxón o espectáculo “A tropa do doutor Milagre”. Un camión actuará como escenografía mentres se desenvolve o espectáculo.

Trátase dunha peza participativa, dinámica e moi divertida onde pequenos e maiores se divirten. Rematará coa visita ao interior con pequenos grupos onde Madame Bovarí, unha das personaxes, lles fai un pequeno sketch lendo o futuro dos e das visitantes.

“Trátase dun espectáculo dirixido a todos os públicos pero sobre todo para os máis pequenos e co que continuamos a programación das actividades de verán 2019 intentando achegarnos a todo o municipio”, sinala o alcalde de Nigrán, Juan González.