Baíña honra este xoves a Santa Mariña

A parroquia baionesa de Baíña festexa este xoves 18 de xullo o día da súa patroa, Santa Mariña. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Maior seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. Pola noite, o grupo Fama amenizará a verbena.