As baterías soan en Gondomar

Preto dunha vintena de mozos e mozas participan desde este luns no curso de iniciación á batería, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Nuria Lameiro, dentro da programación de actividades para os máis novos durante o verán.

Conscientes da necesidade de ofrecer alternativas de tempo libre a este tramo da poboación, a Concellería de Xuventude aposta por iniciativas como estes cursos cuxo obxectivo é “motivar aos mozos para explorar novos horizontes e inquietudes”.

O curso permitiralles coñecer a importancia da batería na historia moderna da música, así como o papel fundamental que desempeña na constitución e funcionamento dun grupo.

Os participantes traballarán patróns rítmicos de diferentes estilos musicais, unha correcta posición fronte ao instrumento, a postura e suxección das baquetas, ou rudimento, entre outras cuestións.

Anuncios