
A Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa, coa colaboración de Encaixamos, organiza este sábado 20 de xullo a primeira visita guiada polos montes da parroquia. O punto de encontro será o encoro de Baíña ás 19:30 horas.
O percorrido será dunha hora con dificultade baixa pensado para toda a familia, e inclúe unha visita nocturna á estación de arte rupestre Outeiro dos Lameiros. A ruta será gratuíta e os que asistan terán que levar roupa e calzado cómodo, pernas tapadas e lanterna.
Ao finalizar -e como xa é tradicional nestas visitas- haberá posto de venda de bocadillos e bebidas. Para confirmar asistencia están dispoñibles os teléfonos 649 137 135 ou 655 569 126.