A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camos organiza este sábado 13 de xullo unha xeira de arrincado de eucaliptos, co obxectivo de seguir combatendo esta praga que asola os montes tras os lumes de outubro de 2017. O punto de encontro será ás 18:00 horas no Colexio Estudio. Haberá bebida, froita e chouripán para todas as persoas participantes. Recoméndase levar luvas e roupa e calzado axeitado. Máis información nos teléfonos 635 778 998 (Manolo) e 674 408 373 (Almanzor).
Nova xornada de eliminación de eucaliptos en Camos

