Poxas, misa e procesión de San Antonio en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Poxas de San Antonio en Gondomar.

As festas patronais na honra de San Bieito, que se prolongarán ata o domingo 14 de xullo, continúan este venres día 12 cunha xornada dedicada a San Antonio. Ás 18:00 horas celebraranse as tradicional poxas, a cargo de Carlos Riveiro. Á mesma hora haberá un pasarrúas a cargo da charanga Vaite Xa, e ás 20:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión. A verbena, que arrancará ás 23:00 horas, correrá a cargo da orquestra Saudade.

O sábado 13 a verbena estará amenizada pola orquestra La Nave. O domingo 14 ás 18:00 horas haberá unha festa infantil no Parque da Coelleira. Ás 20:30 horas celebrarase a Misa da Gratitude e a ofrenda de flores á Virxe do Carme, seguida de procesión. Pola noite, a partir das 23:00 horas, o trío Azar pechará as festas.

Anuncios