Juan José Milego Fernández, novo adestrador do Coperfi Cereixa Gondomar FS

O Coperfi Cereixa Gondomar FS, vixente campión do Preferente Sur de fútbol sala, renova o seu corpo técnico. Juan José Milego Fernández, con ampla experiencia nas categorías autonómica e nacional, tanto como xogador e despois como adestrador, que fai da seriedade e traballo as súas credenciais, súmase esta tempada ao equipo de Vincios con moita ilusión, para tentar mantelo nos postos máis altos da clasificación e poder buscar o ascenso a nacional.

Anuncios