Sin categoría

Carlos Núñez inicia a súa xira “Lugares Máxicos” en Baiona

Carlos Núñez inicia este sábado 13 de xullo en Baiona a súa xira de verán “Lugares Máxicos”, coa que leva a súa música en directo a espazos únicos e emblemáticos de Galicia que distan moito dos tradicionais teatros ou salas de concertos, ofrecendo unha experiencia musical totalmente distinta. O concerto comezará ás 20:00 horas no Parador de Baiona, e as entradas poden adquirirse en Ataquilla.

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo… Pero ademais é un Artista con maiúsculas. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo con fartura os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas. Ao longo destes anos, vendeu máis de 1.000.000 discos no mundo, obtivo un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario aos Grammy latinos e galardóns en todo o mundo.