Baíña celebra as festas de Santa Mariña

A parroquia baionesa de Baíña celebra os días 13, 14 e 18 de xullo as súas festas patronais na honra de Santa Mariña. O sábado 13 un grupo de gaiteiros percorrerá distintos lugares da parroquia. Ao mediodía, Salva das Doce, e pola noite, gran verbena amenizada polas orquestras Saudade e A Estación.

O domingo 14, ao alba, lanzaranse 21 salvas na honra da mártir Santa Mariña. Tras a entrada na parroquia da Agrupación Musical “Lira” de San Miguel de Oia, ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Maior, cantada pola Coral Ecos do Castelo de Parada de Miñor, seguida de procesión con Santa Mariña, Santa Marta e A Nosa Señora do Carme. Ás 21:00 horas apertura da festa pola Banda de Música “Lira” de San Miguel de Oia e a continuación, gran actuación da orquestra Olympus.

O xoves 18, Día da Santa, celebrarase unha Misa Maior ás 12:00 horas na honra de Santa Mariña con procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. Pola noite, o grupo Fama amenizará a verbena fin de festa.