Sin categoría

Rafa Pérez, sexta fichaxe do Gondomar CF

O dianteiro de 23 anos Rafael Pérez Gesteiro, afincado en Vigo, convértese na sexta fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado no Coruxo, Comesaña, Gondomar e Rápido de Bouzas, recala no Gondomar CF tras ascender co Chaín a primeira, e procedente do Gran Peña, onde foi o máximo anotador en liga do seu conxunto, co que acaba de ascender á Preferente. Un ascenso que dará experiencia e goles nas Gaiandas, e unha ilusionante incorporación que axunta calidade, compromiso e xuventude.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “chámame a atención do Club por xogar no Gondomar FB en categorías inferiores, con xente que forma este proxecto, gústame a proximidade da xente e atráeme o proxecto deportivo. Á afección pídolle que nos apoie, imos pelexar desde o minuto uno polo obxectivo que non é outro que o devolver o equipo onde merece”.