Este martes 9 de xullo ás 20:30 horas terá lugar a segunda Xeira de Verán do IEM, nesta ocasión polo Concello de Gondomar: “Auga da Laxe. Unha nova lectura”. Trátase dunha conferencia e posterior visita, dentro do programa das Xeiras de Verán 2019 do IEM coa colaboración deste Concello, que será guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira. O punto de encontro será no IEM.
Este martes, segunda Xeira do IEM: “Auga da Laxe. Unha nova lectura”

