Sin categoría

Concerto de The Mirror en Baiona

O grupo The Mirror, gañador do Certame de Mellor Canción Galega “Os Bardos” co tema “Nada é Noso”, actuará este martes 9 de xullo na Praza do Concello de Baiona. O concerto, incluído na programación “Baiverán 2019” organizada pola Concellería de Cultura, comezará ás 23:00 horas. The Mirror naceu hai un ano no Val Miñor con músicos que contan con moitos anos de experiencia en diferentes proxectos independentes -Alejandro Vasconcellos (voz e guitarra), Tania Rodríguez (voz), Pablo Doallo (voz e guitarra), Óscar Román (batería) e Gorio Álvarez (baixo)-. Da mestura dos múltiples estilos dos integrantes nace unha banda fresca, ecléctica e potente, con moitas influencias do rock, funk e o soul. Interpretan temas orixinais, de creación propia e tamén algunha versión.