Sin categoría

Alejandro Sanz goza de Baiona antes do seu concerto en Santiago

Alejandro Sanz gozou este venres dunha xornada de descanso en Baiona acompañado da súa filla Manuela, que está a piques de cumprir 18 anos, froito do seu matrimonio coa modelo mexicana Jaydy Michel. O cantante madrileño publicou nas redes sociais unha foto xunto á moza nas murallas da Fortaleza de Monterreal, acompañada do texto “Pureza idílica. Galicia non ten outro nome”.

Alejandro Sanz iniciou o pasado 1 de xuño #LaGira española no Estadio Benito Villamarín de Sevilla, na que presenta os seus grandes éxitos e os novos temas incluídos en #ELDISCO. Así durante os meses de xuño e xullo Sanz está a percorrer o territorio cun enorme espectáculo concibido para grandes recintos, este sábado no Monte do Gozo de Santiago de Compostela.

Tras o seu paso por España, #LaGira iniciará o seu percorrido internacional cunha primeira parada en Estados Unidos (Chicago, New York, Orlando, Miami, Dallas, El Paso, McAllen, Houston,San Diego, Los Ángeles, Phoenix e San José) para continuar en México.

#ELDISCO

#ELDISCO contén un total de 10 temas, e conta coas colaboracións de Camila Cabello (Mi Persona Favorita), Nicky Jam (Back In The City), Residente (Los Lugares) e a cantautora catalá Judit Neddermann (Este Segundo). Ademais, inclúe unha versión alternativa da canción Te Canto Un Son realizada en mestura binaural, a revolucionaria tecnoloxía de audio estéreo que xera unha sensación de espazo e dinamismo sen precedentes.