A protectora de animais Baisenpulgas comeza o verán saturada. «Este ano xa sabiamos que viña forte, pero non tanto», sinalan desde a asociación. Cunha leira con 14 canís e 2 gateiras, advirten que non poden axudar a todos os que llo piden ou necesitan. «Esforzámonos ao máximo todos e cada un dos nosos voluntarios e colaboradores para que aos animais que temos non lles falte de nada e teñan a mellor das experiencias na protectora, por iso, saen todos tres veces ao día de paseo fóra da protectora, cada vez un mínimo de 30 minutos, con isto conseguimos que estean relaxados e se sentan como na casa, outros, teñen a sorte de estar na rede de casas de acollida mentres atopan fogar, contamos con moita xente que os axuda e grazas a eles saen totalmente educados e socializados».
Desde Baisenpulgas lembran que dan a todos os animais desparasitados, vacinados, esterilizados e con chip.
«Por todo isto, e que seguimos crecendo, seguimos necesitando axuda, de todas as partes, isto é un problema de todos e cada un de nós, non só duns poucos. Necesitamos voluntarios e necesitamos doazóns».
Este ano asinaron convenio co Concello de Oia pola recollida de cans por 1.700€ anuais. Está pendente o Concello de Nigrán na recollida de gatos, «que xa o propuxo hai meses pero outros partidos denegaron a axuda e non puido ser posible, este mes esperamos que o consigan no pleno, para poder empezar a axudar a eses animais». O Concello de Baiona está a estudalo, «aínda que non se parou a recollida por falta de convenio, porque esperamos que se cumpra co novo goberno». En Gondomar están pendentes de reunión tamén e para ver as posibilidades.
No que vai de ano, a protectora leva pagados en gastos veterinarios 38.891,82€ (9.459,10€ en xaneiro, 6.384,19€ en febreiro, 5.449,20€ en marzo, 3.440,83€ en abril, 7.988,91€ en maio e 6.169,59€ en xuño), con débedas pendentes por valor de 6.000€. «Todo isto, son doazóns de socios, padriños, colaboradores, voluntarios e todos os que axudan caso por caso doando o que poden».
Desde xaneiro ata o día de hoxe rexistraron 141 entradas -69 cans e 72 gatos-, 96 adopcións -58 cans e 38 gatos-, e 14 falecidos -4 cans e 10 gatos-. 34 gatos foron devoltos ás súas colonias e 8 cans e 1 gato aos seus propietarios, e 1 gato cedido a outra protectora.
As actuacións nestes meses foron:
71 microchips
34 marcados CES
73 esterilizacións
+- 250 vacinas
+- 800 desparasitaciones
+- 200 outras actuacións (test, probas de diagnostico, operacións, hospitalizacións, etc…)
Comparación co ano anterior no mesmo período de tempo.
2018/2019
Entradas. 59/141
Chips. 47/71
Esterilizacións. 34/73
Adopcións. 74/91
Ces. 3/34
Vacinas. 150/250
Desparasitaciones. 500/800
Todo aquel que queira colaborar pode facelo na conta ABANCA ES30 2080 5015 6130 4002 8917, indicando nome completo e DNI, ou a través de Teaming ou PayPal. Máis información no teléfono 645 181 585.

