Sin categoría

Festas da Virxe da Cela en Baredo

A parroquia baionesa de Baredo celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe da Cela. O programa comezará o sábado 6 de xullo ás 18:00 horas cun pasarrúas da charanga Vaite Xa, e pola noite, verbena coa orquestra La Dimensión e o trío X’Tra.

O domingo 7 de xullo ás 12:00 horas comezará a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica “A Cela” de Baredo con posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. Ás 18:30 horas terá lugar o partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as no campo de Val de Martín, e pola noite, a orquestra Nebraska e o trío Pros&Ma amenizarán a verbena.

O luns 8 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha nova Misa Maior cantada pola Coral de Belesar, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Candeán. Pola noite, a orquestra Televisión e o trío Azar amenizarán a verbena fin de festa.