Arranca no Parador o Ciclo de Conferencias anulado polo Concello de Baiona

Tras ser anulado polo novo goberno local, o que sería o IX Ciclo de Conferencias Baiona Cultural arranca este xoves día 4 de xullo, desvinculado do Concello, e finalmente no Salón Monterreal do Parador. Tal e como estaba previsto, o primeiro relator será Fernando Bartolomé Benito, Catedrático xubilado de Literatura Española, que falará sobre “O inicio da Lenda Negra. Grandezas e miserias do Século de Ouro español”. Será a partir das 20:00 horas.