A Escola de Danza Vila de Baiona celebra o seu 5º Festival Folclórico

A Escola de Danza Vila de Baiona celebra este sábado 6 de xullo o seu 5º Festival Folclórico. Nesta quinta edición o grupo convidado será a Asociación Cultural Verodal de Arona-Tenerife, que actuarán xunto cos anfitrións, a Escola de Danza Vila de Baiona e o Grupo de Gaitas A Seneira. O evento comezará ás 22:00 horas na Praza do Concello de Baiona. En caso de choiva trasladarase ao Auditorio V Centenario.