A parroquia gondomareña de Vilaza celebra esta fin de semana as festas na honra de San Antón e o Señor. O venres 5 de xullo, actuará o grupo La Caravana a partir das 23:00 horas. O sábado 6 ás 19:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de Santón e o Señor, e a continuación, terán lugar as tradicionais poxas. Pola noite, ás 23:00 horas, comezará a verbena co trío Pros&Ma e o grupo Puzzle. O domingo 7 de xullo ás 12:00 do mediodía celebrarase unha nova Misa Solemne con procesión acompañada pola charanga Nova Cubana, que actuará ao finalizar. A partir das 17:00 horas terán lugar as tradicionais cucañas.
Vilaza celebra as festas de San Antón e o Señor

