Valmiemprega propón tres rutas guiadas polos Camiños de Santiago do Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Unha parella de peregrinos na Praza de Santa Liberata.

Como parte do traballo da especialidade de «Promoción Turística Local e información ao visitante» do Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, hai programadas tres rutas guiadas dirixidas ao público en xeral e que terán lugar en Baiona, Nigrán e Gondomar os días 10, 12 e 18 de xullo respectivamente. É imprescindible inscrición previa no teléfono 986 38 40 20 en horario de 8:00 a 15:00 horas.

10 de xullo
Camiño Portugués da Costa (Baiona-Ponte da Ramallosa)
Punto de encontro: Praza de Santa Liberata. Baiona.
De 10:00 a 12:00 horas.

12 de xullo
Camiño Portugués da Costa (Ponte da Ramallosa-Pazo de Cea)
Punto de encontro: Ponte da Ramallosa. Nigrán.
De 9:00 a 12:00 horas.

18 de xullo
Camiño de Nosa Señora do Norte (Pazo do Conde-Igrexa de Vilaza)
Punto de encontro: Porta do Pazo do Conde. Gondomar.
De 10:00 a 12:30 horas.

Anuncios