Xornada de portas abertas na Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar

A Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar ofrecerá o vindeiro venres 12 de xullo unha xornada de portas abertas desde as 17:00 ata as 21:00 horas, totalmente gratuíta, no Centro Cultural Municipal de Belesar. Os interesados poden anotarse en emus.belesar@gmail.com ou no teléfono 696 105 420 antes do 5 de xullo.

A Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar, que conta con 10 profesores titulados, ofrece as especialidades de oboe, frauta, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, bombardino, tuba e percusión; iniciación musical (3 a 7 anos); cinco cursos de linguaxe musical (a partir dos 8 anos); linguaxe musical para adultos; banda escola (para alumnos noveis) e Agrupación Musical de Belesar (para alumnos con formación). Tamén se pode preparar a proba de acceso para o Grao Profesional.

Actividades da xornada:
17:00 a 17:30 Obradoiro de Educación Auditiva (Cancións).
17:30 a 18:00 Obradoiro de Percusión (Corporal e Instrumental).
18:00 a 18:30 Obradoiro de Linguaxe Musical (Conceptos Básicos).
18:30 a 18:45 Merenda por conta da Agrupación (Bocadillo, froita e auga).
18:45 a 19:00 Mini conferencia sobre as Bandas de Música (Infantís e Xuvenís).
19:00 a 20:00 Audición Escola de Música. Aberta tamén para pais e familiares.
20:00 a 20:45 Visita polas aulas de instrumento onde poderán tocalos.
20:45 a 21:00 Despedida da Xornada por parte do director da Escola.