Uns 8.000 quilos de comida recollidos na última Operación Quilo do verán

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu esta fin de semana uns 8.000 quilos de comida durante a Operación Quilo simultánea celebrada nos dous Alcampo da cidade.

Grazas aos alimentos recadados tanto o venres como o sábado, a ONG poderá facer fronte á repartición de verán que se traduce en que, durante este mes, procederase a entregar o dobre de produtos ás entidades ás que axuda. Trátase de que os colectivos sociais teñan cubertas as súas necesidades de xullo e tamén agosto.

Un total de 80 voluntarios participaron nesta Operación Quilo levada a cabo no hipermercado de Coia e no da Avenida de Madrid.

Anuncios