O Baíña FS pecha a tempada cunha convivencia con clubs de Tui e Santiago

O Baíña Fútbol Sala pechou a tempada cunha convivencia cos clubs da Quinta de Tui e o Santiago Futsal. A xornada do sábado os xogadores de base dos tres equipos xogaron un torneo en Tui e aproveitaron para coñecer a cidade fronteiriza. O domingo a xornada desenvolveuse en Baiona, realizando visitas culturais e actividades deportivas na Vila. O alcalde, Carlos Gómez, recibiu á canteira do Santiago e aos directivos do Baíña.

Anuncios