Festival Fin de Curso en favor de Baisenpulgas e Festa da Xuventude en Baíña

FOTO: GIRO'S // Unha das coreografías gañadoras dun primeiro premio.

O Centro Cultural e Social de Baíña celebra este sábado 29 de xuño o seu Festival Fin de Curso. Ás 18:00 horas actuará o grupo de guitarras, ás 18:10 o Grupo Ardelume (percusión, gaitas, pandeiretas), ás 18:50 os grupos convidados Danza Paradela de Gondomar e Dando la Nota de Baredo, e ás 19:40 o Grupo Giro’s. Haberá sorteos, sobremesas, agasallos… e contarán coa visita dos personaxes de Star Wars de Galicia Squad, que con todo o recadado nun photocall solidario, que terá lugar de 20:00 a 21:00 horas, axudarán á protectora de animais Baisenpulgas.

Festa da Xuventude

Desde as 22:30 e ata as 00:00 horas celebrarase na chaira do Centro Cultural a Festa da Xuventude, amenizada por DJ Dorman.