Cinco días de festa en Gondomar para honrar ao seu patrón

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a concelleira de Cultura, Nuria Lameiro, presentaron este venres xunto con empresarios da zona as actividades previstas para as festas patronais na honra de San Bieito, os próximos días 10, 11, 12, 13 e 14 de xullo.

Mércores 10 na honra de San Cristovo:
11:00h. Pasarrúas a cargo da charanga Vai de Baile.
12:00h. Caravana automobilística con saída en Vincios.
12:30h. Misa Solemne e procesión na honra de San Cristovo. Bendición dos coches no cruce da Rúas Eduardo Iglesias e Elduayen.
23:00h. Verbena a cargo da Orquestra Capitol.

Xoves 11 na honra de San Bieito:
11:00h. Xuntanza Cabalar de San Bieito e pasarrúas pola Banda Unión Musical de Guláns.
12:00h. Misa Solemne e procesión na honra de San Bieito.
13:00h. Concerto da Banda Unión Musical de Guláns.
23:00h. Verbena a cargo da Orquestra Solara.

Tamén haberá misas ás 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 13:30, 17:30, 18:30, 19:30, 20:30 e 21:30.

Venres 12 na honra de San Antonio:
18:00h. Pasarrúas a cargo da Charanga Vaite Xa e Poxas a cargo de Carlos Riveiro.
20:30h. Misa Solemne e procesión na honra de San Antonio.
23:00h. Verbena a cargo da Orquestra Saudade.

Sábado 13:
23:00h. Verbena a cargo da Orquestra La Nave.

Domingo 14:
18:00h. Festa Infantil.
20:30h. Misa da Gratitude e ofrenda de flores á Virxe do Carme con procesión.
23:00h. Verbena fin de festas a cargo do Trío Azar.

Todo sumado ao Torneo de Fútbol Sala San Bieito – IV Trofeo Concello de Gondomar 2019, dende o 8 ao 13 de xullo.