Gran tirada de fogos e verbena en Panxón

Este sábado día 29 de xuño terá lugar a gran tirada de fogos de artificio das Festas de San Xoán e a Virxe do Carme de Panxón, suspendida o pasado martes pola choiva. O espectáculo, que correrá a cargo da Pirotecnia Argimiro Alborés de Nigrán, comezará ás 23:30 desde o Porto de Panxón. Ao finalizar actuará o grupo Ciclón e DJ Roquiño. Tamén haberá sorteos a partir da 1:00 da madrugada.

Anuncios