Camos acolle o Campionato Intermodal Galego de bolos

FOTO: FERNANDO GONZÁLEZ ALONSO// Campionato Intermodal en Camos.

Camos acolle esta fin de semana o Campionato Intermodal Galego do ano 2019. O sábado a partir das 10:00 da mañá competirán 39 xogadores sénior, 7 veteranos e 13 mulleres das catro provincias galegas así como 2 xogadores sénior e 2 mulleres da comunidade asturiana. Xogaranse 9 modalidades diferentes de bolos que se practican ao longo de toda a comunidade. O domingo a partires das 10:00 da mañá, xogarase o torneo de seleccións provinciais, no que participarán 6 xogadores por selección ademais do torneo de categorías inferiores, no que participarán 15 xogadores e xogadoras benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís.