Sin categoría

Airiños da Lagoa celebra a súa XIII Foliada en Baíña

A Asociación Folclórica Airiños da Lagoa celebra este sábado 18 de xuño o seu XIII Foliada na Casa dos Veciños de Baíña. A partir das 22:00 horas haberá sardiñas con pan de millo e bocadillos de chourizo gratis para todos os participantes, todo acompañado de música e baile tradicional. A partir da 1:00 da madrugada tamén se servirá chocolate con roscón.