Baiona celebra a solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús

Este venres 28 de xuño celébrase en Baiona a solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús. Na Igrexa Conventual das Nais Dominicas, ás 17:00 horas terá lugar a Exposición do Santísimo e Adoración segundo as quendas de vela. Ás 20:00 horas comezará a Misa Solemne, coa posterior saída da tradicional procesión polas rúas do centro histórico, acompañada como é habitual polos nenos e nenas que recibiron recentemente a Primeira Comuñón e a Banda de Música de Baiona.