Oliver Lemos convértese no segundo reforzo do Baíña de Terceira

Oliver Lemos Espada convértese no segundo reforzo do Baíña para a Terceira Nacional. Xogador que xa coñece a casa xa que xogou na súa etapa de xuvenil no club baionés, e as últimas campañas na Terceira Nacional.

Xogador polivalente que se une ao persoal que a dirección deportiva está a pechar estas semanas onde xa se conseguiron as renovacións do Capitán Jonatan e do porteiro Aarón, ademais da incorporación de Iago Rodríguez. Un proxecto serio que pasa por xente da casa e que coñece ben a filosofía “amarela”.