A gondomareña Laura Yagüe consegue sete medallas no Campionato Galego

A gondomareña Laura Yagüe conseguiu a pasada fin de semana un total de sete medallas no Campionato Galego de Nivel de Verán de Natación Artística, celebrado no Pavillón Rosalía Dueñas de Ourense. A nadadora do Real Club Náutico de Vigo obtivo dúas medallas de ouro -en Figuras e Solo Infantil-, catro medallas de prata -en Equipo e Combo Infantil e en Equipo e Combo Júnior- e unha de bronce -en Dúo Infantil-.

O Galego de Nivel de Verán déuselle moi ben ás compoñentes da sección de Natación Artística do Real Club Náutico de Vigo, que obtiveron ao longo dos tres días de competición un total de 16 medallas. A actuación das nadadoras dirixidas por Ángela Pereira logrou o aplauso do numeroso público que se congregou na piscina Rosario Dueñas, ocupando finalmente a terceira posición na clasificación por clubs.

Lanzarote e Sabadell serán as próximas cidades nas que compitan, antes do parón estival.

Anuncios