Localizada en Nigrán unha menor desaparecida en Vigo

Axentes da Garda Civil do Posto Principal de Baiona-Nigrán localizaron esta tarde en Nigrán á moza de 17 anos que desaparecera o pasado xoves en Vigo. Segundo informaron desde a Comandancia de Pontevedra a menor atópase en bo estado.