David Bas seguirá sendo do Gondomar CF

O polivalente xogador de 21 anos David Bas, convértese na segunda renovación do equipo de Víctor Santos. Formado no Racing Vilariño e no Coruxo, como sénior estivo no Atios, ata recalar no Gondomar CF a tempada pasada.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “son de Gondomar, quero xogar aquí e tentar axudar en todo o posible para que este Club consiga o que se propoña. Á afección lle diría que canto máis unidos esteamos todos, máis fácil será conseguir os obxectivos. Temos que remar xuntos directiva, xogadores e afección para así poder avanzar. Teño ganas de que esta tempada saian ben as cousas, sempre desde o traballo e o compromiso. Se isto é así, imos conseguir todo o que nos propoñamos, hai que competir máis que nunca”.

Anuncios